Friday 03 de May de 2024

O BNG convoca á veciñanza de Banda ó Río para revitalizar o barrio


O Bloque Nacionalista Galego convida aos veciños e veciñas de Banda ó Río a un encontro veciñal que terá lugar o vindeiro sábado 29 de abril ás 13:00 horas no bar Cocoluche (Praza de Teruel).

O responsable local, Xabier Vidal Peón, fai un chamamento á veciñanza a asistir a este café veciñal “no que pretendemos abordar os problemas que ten o noso barrio e coñecer as solucións que desde o BNG formulamos para revitalizar o barrio orixinario de Ribeira”.

Vidal Peón avanzou que falarán de seguridade, de conseguir espazos públicos para a veciñanza, mellorar o mantemento e a limpeza ou de revitalizar as rúas con actividades. “O BNG vai escoitar as propostas que faga a veciñanza pero tamén imos trasladarlles as medidas que temos preparadas para revitalizar un barrio que ten moitísimo potencial, ao igual que todo Ribeira, só é preciso un equipo preparado como o do BNG para desenvolver esas potencialidades”.